Galicia neghra

12,00

A segunda edición, notablemente incrementada, dunha colección de relatos de non ficción de xornalistas e escritores especialistas no xénero negro ou na reportaxe: Diego Ameixeiras, Manuel Jabois, Santiago Jaureguizar, Bieito Iglesias, Elisa Lois, Aníbal Malvar, Xosé Manuel Pereiro, Fernanda Tabarés, Manuel Rivas, Silvia R. Pontevedra, Claudia Vázquez e Nacho Carretero.

Categorías: ,

Descrición

Un libro que vén hackear o lado escuro de Galicia. Xente que mata a ferro, a lume ou a man. Non son manifestacións do mal absoluto, senón froito de momentos ou intereses concretos de persoas determinadas. Galicia neghra é unha compilación de crónicas e reportaxes sobre eses momentos, persoas e intereses. Escritos para tentar de arroxar luz en casos como o de Asunta e o de Diana Quer, a ‘Operación Carioca’ sobre as redes de prostitución con implicación policial en Lugo e a ‘Pokémon’ de corrupción municipal á que deu orixe, o Códice Calixtino e o metílico de Ourense, os asasinatos dun garañón de Sabucedo e o dun holandés en Petín, a traxedia de Angrois e os incendios forestais, a seita dos miguelianos e o serial killer galego que aterrorizou Lisboa a mediados do XIX.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail