LUZES 131
6,00 €
Neste especial «Pensando á Contra», recuperamos as entrevistas con dez personalidades que deixaron na Luzes un rastro de faragullas de ideas para non pasar fame de pensamento crítico. Son conversas diferentes, unidas na orixinalidade das súas reflexións.
Pensando á contra con:
Saleta Goi | Belén Regueira
Antonio Escohotado | Henrique Mariño
Antía Cal | Iolanda Casal
Arnaldo Otegi | Carlos C. Varela
Saskia Sassen | Juana M. Vera
Xosé Manuel Beiras | Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro
Teresa Táboas | Alberto Leyenda
Nora Cortiñas | Débora Campos
Camilo Nogueira | Suso de Toro
Erri de Luca | Yolanda Virseda
Descrición
Manifesto
A Cultural War e os señores da nube
Cartafol
Paredes que (nos) falan
Entrevista [Luzes 1]
Saleta Goi:
«Onde están agora os intelectuais?»
O labor pola cultura e o nacionalismo galegos reinou sempre en Saleta, que foi moito máis que a compañeira de Manuel María.
Belén Regueira | Fotos de Gabriel Tizón
Entrevista [Luzes 1]
Antonio Escohotado:
«Hai unha caterva que se mete en política para acceder a un rango que non acadaría como profesional»
Filósofo liberal con pasado rojo, xurista, tradutor e ensaísta. É tamén considerado un gurú das drogas. Falaba aquí de comunismo e de fútbol, de ditaduras e de Deus, do amor e do mercado.
Henrique Mariño | Fotos de Igor Gayarre
Entrevista [Luzes 7]
Antía Cal:
«O PP non promove a cultura do esforzo, promove a competencia»
As leccións de Tita excederon as aulas, dende onde contribuíu a situar Galicia navangarda pedagóxica, con enfoque galeguista e feminista. Unha das súas loitas era pór en valor o ensino infantil.
Iolanda Casal | Fotos de Olalla Lojo
Entrevista [Luzes 27]
Arnaldo Otegi:
«Para construír unha sociedade alternativa hai que aceptar o principio de realidade»
Unha conversa articulada por carta, de prisión a prisión, e realizada antes das eleccións estatais do 2015. Levaba daquela 6 anos no cárcere. Sairía poucos meses despois.
Carlos C. Varela
Entrevista [Luzes 34]
Saskia Sassen:
«As altas finanzas guíanse pola lóxica da extracción, como na minaría»
A familia, a cidade, a pobreza ou a riqueza, a palabra e a liberdade. Son algúns dos temas que xorden nesta conversa coa que foi Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais.
Juana M. Vera
Entrevista [Luzes 48]
Xosé Manuel Beiras:
«Eu non quería ser líder»
As confesións do «desencanto» que sentía daquela coa esquerda non ocultaron nesta entrevista os trazos dun carácter rebelde e indignado.
Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro | Fotos de Pedro Agrelo
Entrevista [Luzes 67]
Teresa Táboas:
«É unha vergoña que neste país ninguén reivindique o bipartito»
Defende o labor daquel goberno, no que foi responsable da, área, e analiza as divisións da esquerda galega, no que foi responsable da área de vivenda, logo daquela etapa.
Alberto Leyenda | Fotos de Andrés Fraga
Entrevista [Luzes 73]
Nora Morales de Cortiñas
O lado Norita da vida
Faleceu sen atopar o fillo que levaba buscando media vida. Esta Madre de Plaza de Mayo espertaba devoción na Arxentina pola súa implicación nas loitas pola dignidade.
Débora Campos | Fotos de Romina Franceschin
Entrevista [Luzes 77]
Camilo Nogueira:
«Sempre tiven que ir a contracorrente»
Unha entrevista de percorrido vital do histórico nacionalista para repasar o compromiso e militancia que tivo con Galicia.
Suso de Toro | Fotos de Luís Otero
Entrevista [Luzes 115]
Erri de Luca:
«Son partidario da desobediencia ante as leis inxustas»
O escritor italiano, un dos máis importantes para a crítica, considérase intruso na literatura. Reivindica a súa faceta de inmigrante e os vinte anos que traballou de albanel.
Yolanda Virseda | Tradución de Chiara Albertazzi