LUZES 138

12,00 

Franco, ese «bro»
50 anos despois da súa morte, Franco está máis presente que nunca no ideario de moitos mozos. A escasa atención á memoria histórica nas aulas e unha relectura repleta de falsidades por parte
dalgúns youtubers son algunhas das causas desta «fascinación» e do empeño en branquear unha época escura da nosa historia.

Internacional
Serbia, a esperanza revive
«A dereita degradou o concepto máis importante da filosofía política e da vida: a liberdade».

Entrevista
Timothy Snyder
A vida arxentina do autor de Sempre en Galiza aínda ten moito que descubrir, tanto a de neno emigrante como a de adulto exiliado.

Entrevista
Xosé Vizoso
A derradeira conversa co deseñador que axudou a crear a imaxe de Sargadelos e encheu de cor carteis e capas de libros.

República

As opinións sen filtro do músico Abraham Cupeiro.
O poeta menorquino Ponç Pons edita en galego.
As exposicións Ollos de vidro, unha mirada alternativa á historia de Galicia eHabitar o baleiro, a vida no rural galego.

Categorías: ,

Descrición

Manifesto
Cando os nazis bombardearon o museo Reina Sofía>

Cartafol
Manuais franquistas para a muller-muller

Toxos e Flores
`La guerra é bella!´
Manuel Rivas
Máis madeira!
Xosé Manuel Pereiro
Ilustración de Javi Prieto

Aquí unha amiga
Ana Rosa, a raíña das gañanas
Marina Lobo | Ilustración de Raúl

Internacional
Serbia, a esperanza contra as pantasmas do pasado
Desafiando ao goberno, asentado nunha corrupción endémica, os estudantes toman as rúas para reivindicar cuestións esenciais nun estado de dereito. A esperanza mantense viva.
Ana Milutinović

Ás ceibas
Europa, o péndulo do Danubio dobra, outra vez, por ti
André Ferreira da Cunha

Reportaxe
Franco, ese «bro»
A ultradereita prende con forza entre os adolescentes en España. A maioría dos que toleran un réxime autoritario descoñecen os sucesos da Guerra Civil e a ditadura. Que papel ten o ensino neste descoñecemento?
Yolanda Virseda

Ás ceibas
Alemaña, o pasado é hoxe
Mara Mahía

Reportaxe
Gaxate, na senda do tempo
A memoria da vida na aldea de Gaxate, a través da recopilación de fotos procedentes de familias do lugar. O fotógrafo Ángel Araujo recuperou negativos e positivos para crear esta historia gráfica desde 1876 ata os anos 60.
Antonio López Mariño

Entrevista
Timothy Snyder: «A dereita degradou o concepto máis importante da filosofía política e da vida: a liberdade».
O historiador e pensador estadounidense denuncia como a ultradereita se apropiou do concepto «liberdade» despoxándoa de toda etimoloxía: «A xente de dereitas fala dunha liberdade que non quere dicir nada; e a xente deesquerdas, xa non».
Elena Pita

Ás ceibas
O traxe novo do emperador Milei
Débora Campos

Crónica
A lingua contra a desfeita harmónica (e zúmballe ao caneco)
A comunidade educativa galega reuniuse cunha arela común: a superación dun marco moi desfavorable para a língua do país, en mínimos históricos, que o «carneirismo negacionista» da Xunta prefire obviar.
Lois Pérez | Fotos Alba Díaz e José Antonio Otero

Territorium
A arquitectura que tece espazos para crear comunidade
Sonia Puente Landázuri e Mari Ángel López-Amado

7 Estralos
O vello mundo estoupa e Europa bátese cos EUA de Trump
Alexandre Mato

Ás ceibas
Perdoe que lle perdoe (a débeda)
Juan Oliver

Profundidade de campo
A paisaxe deturpada
Delmi Álvarez

A outra xente
Os adiviños da fraga
Antonio Sandoval Rey

Querido fantasma
Brassic, os pobres tamén rin, e deles mesmos
Carlos Ares

Entrevista
Abraham Cupeiro:«Non me gustan os macrofestivais; axente vai sacarse unha foto co móbil».
A súa paixón pola música antiga, a composición da música para Gladiator ou as políticas dos macrofestivais tecen esta conversa co músico de Sarria. No último ano subíu ao escenario máis de 120 días para interpretar os temas do seu disco Mythos.
Pablo Vázquez

Reportaxe
O ollo de vidro: unha máquina de relatos para contarnos a nós mesmos
Unha mirada alternativa da historia galega tomando unha serie de ollos de vidro para ver o que está detrás do visible, a conexión entre o vivo e o morto, achegando un diálogo entre a modernidade e a cultura popular.
Lucía Junquera

Reportaxe
O oxímoro de Habitar o baleiro:
A soidade, os incendios forestais, o entroido, ou a desasistencia nas zonas con menor densidade de poboación son algunhas das temáticas desta exposición que documenta a vida no rural de Galicia. Historias que paga a pena contar para que a memoria permaneza.
Agustina Miranda | Fotos Brais Lorenzo

Entrevista
Ponç Pons:«Babel foi unha gran sorte. Cada lingua ten a súa música».
A cultura, anarquismo e natureza xúntanse nesta conversa co poeta menorquino, autor de Nura, unha obra con edición bilingüe galego-catalán.
Manuel Outeiriño | Fotos Rocío Cibes

Biblioteca Atlántica
Se o vello Sinbad volvese ás illas, ou como navegar sen se mover do peirao, de Álvaro Cunqueiro.
Xavier Queipo

As libreiras
As lecturas recomendadas de Sabela Martínez, Ana Álvarez, Sonia Gestido e Cielo Fernández.

Creación
Meridiano orixe
Andrea F. Maneiro

Retrovisor
Quique Otero

Caixa postal
Silvia López

Lectoras & Lectores

Retrancos
Castelao XXI
Kiko da Silva

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail