LUZES 143 – LUZES FEST

6,00 

Botamos unha ollada atrás para recuperar músicios que pasaron polo escenario Luzes na última década:

JAMES RHODES
UGÍA PEDREIRA
TANXUGUEIRAS
RODRIGO CUEVAS
THE RAPANTS

E, Música a granel, 30 anos do movemento bravú, Caixas de música, París vs. Panorama … E MOITAS MÁIS

Ilustración de portada: María Luaces

50 dispoñibles

Categorías: ,

Descrición

Manifesto
Nós non estamos de acordo

Cartafol
A música nas paredes

Reportaxe[Luzes 118]
Música a granel
O rendemento económico dos macrofestivais de música é evidente, pero algunhas voces críticas reproban os altos investimentos que fan as administracións públicas neles.
Pablo Vázquez

Entrevista
Tanxugueiras[Luzes 84]
O trío de pandereteiras atesoura un amplo legado de música tradicional. Co seu segundo disco Contrapunto conquistaron os escenarios galegos.
Moncho Mariño I Fotos Trece Amarillo

Entrevisra[Luzes 37]
James Rhodes
«Fáiseme moi duro, quizais imposible, confiar en alguén»
O concertista de piano relata en Instrumental a súa apocalipse persoal despois de ser vítima de abusos na infancia. A paixón pola música clásica foi clave para a súa supervivencia.
María Rodríguez I Fotos Richard Ansett

Reportaxe
A xuventude que sostén as raíces
Aqueles que se crían ao abeiro da nosa cultura, nunca máis se separan dela. A xuventude dun grupo tradicional non é impedimento para brillar.
Eva Fernández Prieto

Reportaxe [Luzes 133]
30 anos do movemento bravú: onde houbo lume aínda quedan brasas
Os Diplomáticos de Monte Alto, os Skornabois de Lourenzá… O rock en galego hai tres décadas inzou Galicia enteira. Máis ca unha corrente musical, o bravú foi unha revolución cultural.
Alfonso Pato

Entrevista[Luzes 86]
Ugía Pedreira
A vida da música focega cambiou radicalmente co nacemento da súa filla Lúa. Ugía fala das dificultades para conciliar a música co coidado da súa filla dependente.
Ramón González I Fotos Xulio Villarino

Profundidade de campo [Luzes 52]
Caixas de música
Luís Díaz Díaz

Entrevista[Luzes 102]
Rodrigo Cuevas
«A arte pode transformar dunha forma máis lenta, pero máis profunda»
O artista asturiano, con pegada galega, conversa sobre a necesidade de practicar o folclore tradicional, a vida no rural e a recuperación da cultura colectiva.
Rosalía Macías I Fotos Lacostastudio

Reportaxe[Luzes 130]
Fenómeno The Rapants: seseo, feira e rock&roll
«Aprendemos moitas cousas. A máis importante é que fóra de Galicia se come mal»
O éxito que xa se ventaba co seu anterior traballo confírmase co seu último disco La máquina del buen rollo. A banda de Xanma, Xaquín, Samuel e Matías enche de enerxía positiva salas e macrofestivais.
Marta Otero Mayán

Reportaxe[Luzes 8/9]
París vs. Panorama
Cando parecía que os músicos ían ser defenestrados definitivamente dos palcos, Galiza inventou para a verbena o espectáculo total.
Xurxo Souto | Foto Miguel Kopa.

Ilustración de
María Luaces

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail