LUZES 153

12,00 

O pai de Marta
Amancio Ortega fai 90 anos e o seu poder segue latexando: atento á empresa, á sucesión de Marta e ao legado dunha das maiores fortunas do mundo.

Internacional
Siria: viaxe ao bastión dos Al-Assad
A ruta ata Qardaba, o lugar de orixe da familia que gobernou o país sirio durante medio século, está chea de símbolos destruídos ou deturpados daquela etapa.

Reportaxe
Ser xitano en Galicia
601 anos para poder ser galego, xitano e avogado do Estado. A historia real dun rapaz de Lugo, Javier León Jiménez, e a súa loita pola igualdade.

Entrevista
Rosa Moledo
A lingüista de Gosolfe (Mazaricos) leva tres décadas velando polo galego nos platós de rodaxe en series como Mareas vivas ou Fariña. Segue a reclamar compromiso institucional para a lingua..

República
Entrevistas a Ismael Ramos e Catherine Barbour. XVII Mostra de Cinema Periférico (S8). Viaxe á illa de Ingmar Bergman.

Categorías: ,

Descrición

Manifesto
O refuxio da vida en común

Cartafol
A roupa que entra polos ollos

Toxos e Flores
«El que pueda hacer…
Manuel Rivas
…que haga»
Xosé Manuel Pereiro
Ilustración de Javi Prieto

Aquí unha amiga
María Reigosa e quen a soubo ler
David Lombao | Ilustración Diego Giráldez

Internacional
Viaxe ao bastión da familia Al-Assad
Conducir desde a cidade portuaria de Latakia ata Qardaha, o pobo natal dos Assad, é atravesar unha estrada onde os símbolos dunha dinastía que gobernou Siria durante máis de medio século aparecen agora descolgados, borrados ou abandonados
Núria Vila

Ás ceibas
Nós, as dependentas de Inditex
Lucía Domínguez

Reportaxe
O pai de Marta Ortega
Amancio Ortega fai 90 anos. Lonxe da imaxe do magnate global, tras unha aparente normalidade segue latexando o poder do fundador de Inditex, atento á empresa, á sucesión de Marta e ao legado dunha das maiores fortunas do mundo
Xabier R. Blanco

Ás ceibas
Moreno e o analfabetismo electoral
Anxo Lugilde

Entrevista
Rosa Moledo
Leva máis de tres décadas defendendo o galego desde a tradución e os platós de rodaxe. A asesora lingüística e tradutora cuestiona a falta de compromiso institucional coa lingua e denuncia a súa ridiculización nos medios.
Luís Pardo | Fotos Lucía Junquera

Ás ceibas
Alugueiros: un conflito que se cronifica
Juan R. Medela

Reportaxe
A historia máis normal do mundo: 601 anos para poder ser galego, xitano e avogado do Estado
A historia de Javier León Jiménez, lucense de 26 anos, condensa séculos de desigualdade do pobo xitano. O seu caso non é só individual: é tamén unha lectura do presente e das posibilidades reais de cambio social.
Fernando Mahía

Territorium
Os dereitos do mar
Matxalen Acaso Atutxa/ ReversAs

7 Estralos
Roupa barata, vidas caras
María Roade

Ás ceibas
O caso CGAC e a ilusión que nace da crise
María Gil

Profundidade de campo
Tras os montes
Javier Teniente

A outra xente
Unhas pitas de 550 anos
Antonio Sandoval Rey

Querido fantasma
Doctor Who. Máis grande por dentro
Mariña Losada

Entrevista
Catherine Barbour
Xefa do departamento de Estudos Hispánicos da Facultade de Linguas, Literaturas e Estudos Culturais do Trinity College de Dublín, fala sobre os vínculos entre Galicia e Irlanda, a convivencia cunha cultura dominante e a cuestión lingüística.
Marta Otero| Fotos Inés Pensado

Entrevista
Ismael Ramos
É o primeiro autor español en gañar o prestixioso Premio O. Henry cun relato escrito orixinalmente en galego. Nesta conversa reflexiona sobre o paradoxo de contar cunha literatura cada vez máis recoñecida mentres a lingua perde falantes.
Yolanda Virseda I Fotos Rocío Cibes

Reportaxe
O ano das luces (S8)
Cunha animación da eclipse fotografada por José Sellier abrindo cada sesión, as catro sedes do (S8) quedaron pequenas para acoller ao público que quería descubrir a cineastas como John Porter ou Jeanne Liotta.
José Manuel Sande e Martin Pawley

Crónica
A illa de Bergman
O director sueco Ingmar Bergman e a illa de Fårö, no mar Báltico, mantiveron unha fonda vinculación. Tras chegar á illa en 1961 para rodar A través dun espello, o cineasta residiu nela ata o seu falecemento en 2007.
Olalla Redondo

Biblioteca Atlántica
As ondas de Virginia Woolf, ou o delirio dos soliloquios
Xavier Queipo

Na fura de diante
Abraham Boba, Portosanto e Chévere.

As libreiras
As lecturas recomendadas de Sara Rey, Begoña Varela, Jose Corderí e María Couceiro.

Creación
Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

Retrovisor
Ana Rodríguez Martí

Lectoras & Lectores

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail