LUZES 87 – Historias silenciadas

5,00 

Reportaxes de Luz Darriba, Xosé Manuel Suárez, Carmen García-Rodeja, Francisco Xavier Redondo Abal, Santiago Romero. Olaia Tubío

Análise Xosé Rodríguez Díaz e imaxes Fundación Vicente Risco

Crítica Alfonso Armada | J.M Coetzee / Random House

Entrevista a Antucho Seixido por Nicolás Vidal e fotos de Kiko Delgado

Ás ceibas de Héitor Picallo, Patricia Arias Chachero,

Ilustración Luis Huici

Cartafol de Manuel Álvarez

Descrición

Manifesto
Fronte aos tempos «pesados», unha memoria fértil

Reportaxe Matar o pai
Historias desobedientes reúne na Arxentina familiares de xenocidas, nomeadamente fillos e fillas, que repudiaron os pais e se xuntaron para denunciar os crimes contra a humanidade que cometeron.
Luz Darriba

Entrevista Antucho Seixido
Natural de Fene e emigrado a Cuba, este retornado coñeceu o asasino condenado de Kennedy, Lee Oswald, en Rusia. Neira Vilas contou a vida do seu irmá, Sindo, en Guerrilleiros.
Nicolás Vidal I Fotos Kiko Delgado

Cartafol
Sementeira Porträts
Manuel Álvarez

Reportaxe
Almoina, o galego que «traizoou» a Trujillo Asasinado a tiros en México, o antigo secretario do ditador dominicano escribira Una satrapía en el Caribe. Trujillo identificou o autor e ordenou a súa condena a morte.
Xosé Manuel Suárez

Ás ceibas
Tras do cristal
Héitor Picallo

Reportaxe
Nunca máis o silencio. Deportados en campos nazis Repaso ás biografías de nove galegos, capturados polos alemáns durante a II GM e enviados a distintos stalags, nos que algúns deles morreron vítimas da barbarie nazi. Carmen García-Rodeja

Reportaxe
A Brigada Político-Social no nacionalismo galego Un documento inédito, redactado a principios de 1968,dá conta da vixilancia e o control absolutos das autoridades da ditadura sobre o movemento nacionalista galego.
Francisco Xavier Redondo Abal

Reportaxe
O insospeitado xerme galego do nacionalismo vasco O espertar da conciencia nacional vasca de Luis Arana, cofundador do PNV e deseñador da Ikurriña tivo lugar en 1880 no colexio xesuíta de Camposancos, na Guarda. Santiago Romer

Ás ceibas Nosoutras
Patricia Arias Chachero

Reportaxe
As memorias remendadas
A expo As pequenas cousas recolle unha fotografía cosida, uns xemelgos, unha despedida nun paquete de tabaco… cousas todas onde habitou o recordo no franquismo.
Olaia Tubío

Crítica
J. M. Coetzee. O fotógrafo que foi Nobel de Literatura Na súa xuventude, o surafricano foi afeccionado á fotografía. Fai seis anos, os que alugaron a súa casa en Cidade do Cabo, deron cunha chea de material que agora se publica.
Alfonso Armada | J.M Coetzee / Random House

Ilustración
Caricatura de Vicente Risco Luis Huici

Análise
Nós, un proxecto de futuro
Xosé Rodríguez Díaz I Imaxes Fundación Vicente Risco

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail