Condicións da Compra e política de cancelación | devolución

A TENDA DE LUZES

Condicións de Compra de material

1. Introducción.
2. Uso da tenda de Luzes.
3. Características dos artigos.
4. Lista de prezos.
5. Sistemas de pago.
6. Cómo realizar o pedido.
7. Formas de envío e prazos de entrega.
8. Devolucións e cambios de material.
9. Protección de datos de carácter persoal.
10. Compra como invitado.
11. Lexislación aplicábel e xurisdición competente.
12. Virus, piratería e outros ataques informáticos.
13. Links dende a nosa páxina web.
14. Comunicacións por escrito.
15. Comentarios, suxerencias, queixas e reclamacións.
16. Datos do vendedor ou responsable. Atención o cliente.

1. Introducción

O presente documento (conxuntamente cos todos os documentos nel mencionados) establece as condicións polas que se rixe o uso de esta páxina web (tenda.luzes.gal) e a compra de productos na mesma (en adiante, as “Condicións”), calquera que sexa o aplicativo, o medio dixital, soporte ou dispositivo a través do cal se poda acceder. Rogámoslle que lea atentamente as presentes condicións e os nosos termos de uso e política de cookies antes de usar a nosa páxina web. Ao utilizar esta páxina web ou facer un pedido a través da mesma, vostede consinte quedar vinculado por estas condicións e pola nosa política de cookies, polo que se non está de acordo, vostede non debería usar esta páxina web.

O contrato soamente poderá formalizarse en Galego, a única linguaxe que implementa esta web.

2.Uso da tenda de Luzes

O facer uso de esta páxina web e realizar pedidos a través da mesma vostede comprométese a:

  • Facer uso de esta páxina web únicamente para realizar consultas e pedidos legalmente válidos.
  • Non realizar ningún pedido falso ou fraudulento. Se, razoablemente, se puidera considerar que se fixo un pedido desta natureza, estaremos autorizados a anulalo ou a informar ás autoridades pertinentes.
  • Facilitarnos o seu enderezo postal e/ou datos de contacto de forma veraz e exacta. Así mesmo, consinte que poderemos facer uso de dita información para poñernos en contacto con vostede se fose necesario. Se non facilita toda a información que lle solicitamos, non poderemos cursar o seu pedido.

O realizar un pedido a través de tenda.luzes.gal, vostede declara ser maior de idade e ter capacidad legal para celebrar contratos.

3. Características dos artigos.

O material que se pon a disposición nesta ecommerce, son publicacións (revistas e libros) e material de merchadising (camisetas, tazas, etc.) propiedade de Luzes xornalismo que conta, S.L. e polo tanto, será titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da páxina tenda.luzes.gal, así como os contidos da mesma.

Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reproducción, a distribución e a comunicación pública, incluida a modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte ou por calquer medio técnico, sen a autorización de Luzes xornalismo que conta, S.L. O USUARIO ou CLIENTE comprométese a respetar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de Luzes xornalismo que conta, S.L. Poderá visualizar os elementos do portal e incluso imprimilos, copialos e almacealos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando  sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal ou privado.

4. Listas de prezos

Todos os prezos expostos na lista dos nosos produtos son con impostos. No Resumo final de compra móstrase o prezo definitivo da mesma, indicando tamén os gastos de envío. En relación ao Imposto sobre o Valor Engadido, como regra xeral aplicarase o tipo impositivo do 4% .
Os prezos expostos en www.tenda.luzes.gal poderán ser revisados e modificados se as condicións o requiren en calquera momento.

5. Sistemas de pago

a) Paypal.
b) Tarxeta de crédito VISA ou MASTERCARD.

Garantímoslle que cada unha das transaccións realizadas na tenda de Luzes é 100% segura. Todas as operacións que implican a transmisión de datos persoais ou bancarios realízanse utilizando unha contorna segura. tenda.luzes.gal utiliza un servidor baseado na tecnoloxía de seguridade estándar SSL (Secure Socked Layer).Toda a información que nos transmita viaxa cifrada a través da rede.

Así mesmo os datos, sobre a súa tarxeta de crédito non quedan rexistrados en ningunha base de datos, senón que van directamente ao TPV (Terminal Punto de Venda do Banco).

6. Cómo realizar o pedido

Para realizar o pedido, deberá seguir o precedemento de compra online e facer clic en “Finalizar a Compra” ou “Pagar con Paypal”, ambas formas de pago supoñen un desembolso pola sea parte. Tras isto, recibirá un correo electrónico acusado recibo do seu pedido. Se o pago se realiza correctamente, procederemos a preparación do pedido para o seu posterior envío. En caso contrario, informarémoslle da incidencia ou erro que aconteceu.

7. Formas de envío e prazos de entrega

Todos os pedidos están suxeitos a disponibilidade dos artigos. Se houbese dificultades en canto ao suministro dos artigos ou se no quedasen en stock, reembolsaríamos calquera cantidade que xa abonase.

Luzes garante a entrega do pedido a Correos ao día seguinte da realización do mesmo, de todos aqueles pedidos que se formalicen antes das 15:00 horas (hora española), sempre que se atopen en stock, e salvo que se realicen en sábados, domingos e festivos. Nese caso, o pedido tramitarase o primeiro día laborable posterior ao día de realización do mesmo. Ademais, terase en conta que os prazos se computan en días laborables e que poden verse alterados por festas locais ou nacionais. A entrega final do pedido realizarase nun prazo máximo de 15 días.

Nos prezos indicados para os gastos de envío non se inclúen os posibles gastos adicionais por aduanas e impostos, que en todo caso serán pagados en destino polo receptor da mercadoría.

8. Devolucións e cambios de material

O noso departamento de atención ao cliente dispón dun servizo posvenda para solucionar calquera problema cos nosos artigos ou envíos, a través do cal intentamos ofrecer unha atención rápida e eficaz aos nosos clientes.

Se vostede está contratando como consumidor e usuario, ten o dereito a desistir do presente contrato nun plazo máximo de 14 días naturais sen necesidade de xustificación. No caso de devolución, tenda.luzes.gal, reintegrará, nun prazo máximo de 14 días, o importe total do pedido, incluíndo os gastos de envío iniciais, pero non os asociados a devolución do artigo/os as nosas oficinas principais. Contacte con nós aquí. pedidos@luzes.gal ou no teléfono de atención o cliente (+34) 981 928 441.

Non terá dereito a desistir do contrato cuio obxeto sexa o suministro dalgúns dos seguintes produtos:

  • Artigos persoalizados.
  • CDs/DVD de música sen o envoltorio orixinal.
  • Bens precintados por razoes de salud ou hixiene que foxen descrecintados tras a entrega.

O seu dereito de desistir do contrato será de aplicación, exclusivamente, a aqueles produtos que se devolvan nas mesmas condicións en que vostede os recibiu. Non se fará ningún reembolso se o produto se usara máis ala da mera apertura do mesmo, dos produtos que non estén nas mesmas condicionas nas que se entregaron ou que sufriran algún dano. Por todo isto, deberá ser coidadoso co/s artigo/s mentres estean na súa posesión. Por favor, devolva o artigo usando ou incluíndo todos os envoltorios orixinais, as instruccións e demais documentos que o acompañen. Pode descargar o formulario de desistimiento aquí.

Artigos defectuosos

No caso de que vostede considere que no momento da entrega o produto non se axusta ao estipulado no contrato de compra, deberá poñerse, de maneira inmediata, en contacto co servizo de atención ao cliente de Luzes a través das nosas vías de contacto (teléfono ou email), onde lle indicaremos a maneira de proceder. Non esqueza facilitarnos os datos do artigo así como o dano que sufre.

Procederemos a examinar detidamente o artigo devolto e comunicarémoslle, por e-mail o por teléfono, nun prazo razoable, se procede o reembolso ou a sustitución do mesmo (no seu caso). As cantidades pagadas por aqueles produtos que sexan devoltos a causa dalgunha tara ou defecto, cando realmente exista, seranlle reembolsadas integramente, incluidos os gastos de entrega incorridos e os costes nos que vostede incorrera para a súa devolución.

9. Protección de datos de carácter persoal

En cumprimento do estabelecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que cantos datos persoais nos facilite serán incluídos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, creado e mantido baixo a responsabilidade de Luzes, xornalismo que conta S.L..

A finalidade deste ficheiro é facilitar a tramitación dos pedidos e, no caso de que nos autorice expresamente na casilla correspondente, tamén a enviarlle comunicacións comerciais sobre produtos e servizos que poden resultar do seu interese.

Os clientes poderán en todo momento exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándoo por correo electrónico a pedidos@luzes.gal ou por escrito a Santa Luisa De Marillac nº 9 Baixo C – 15002 A Coruña (Galicia) – España.

10. Compra como invitado

Esta páxina web tamén permite a compra a través da funcionalidade de compra como invitado. Nesta modalidade de compra, soamente se lle solicitarán os datos imprescindibles para poder tramitar o seu pedido. Se quere utilizar esta forma de compra, non marque a casilla de verificación (check), Crear unha conta nova cos datos que acaba de introducir? no último paso do proceso de compra, antes de realizar o pago. No caso contrario, e dicir, se marca o check, os seus datos almacenaranse no noso ficheiro e, tamén poderá consultar, en calquera momento, o seu histórico de pedidos, ademáis dos seus datos de contacto, pago, etc.

11. Lexislación e xurisdición

As presentes condicións xerais interpretaranse conforme á lexislación vixente no Estado Español na materia, que se aplicará subsidiariamente en todo o que non se previu nas mesmas. 

12. Virus, piratería e outros ataques informáticos.

Vostede non debe realizar un uso indebido desta páxina web mediante a introducción intencionada na mesma de virus, troianos, gusanos, bombas lóxicas ou calquera otro programa ou material tecnoloxicamente perxudicial ou dañino. Vostede non tratará de ter acceso non autorizado a esta páxina web, o servidor na que se atopa aloxada ou a calquera servidor, ordenador ou base de datos relacionada coa nosa página web. Vostede comprométese a non atacar esta páxina a través dun ataque de denegación de servizo ou de un ataque de negación de servizo distribuido.

O incumprimento de esta cláusula poderia conlevar a comisión de infracciones tipificadas pola normativa aplicable. Informaremos de calquera incumprimento de dita normativa as autoridades competentes e cooperaremos con elas para achar a identidade do atacante.

13. Links dende a nosa páxina web.

No caso de que a nosa páxina web conteña links a outras páginas web e materiais de terceiros, esos links facilitaranse soamente a efectos informativos, sen que nós teñamos control ningún sobre o contido desas páginas webs ou materiais. Polo tanto, non aceptaremos responsabilidade ningunha por calquera dano ou pérdida derivados do seu uso.

14. Comunicacións por escrito.

A normativa aplicable esixe que parte da información ou comunicacións que lle enviemos sexan por escrito. Mediante o uso de esta páxina web, vostede acepta que a maior parte de ditas comunicaciones con nós sexan electrónicas. Poñerémonos en contacto con vostede por correo electrónico ou facilitarémoslle información colgándoa na web mediante avisos. A efectos contractuais, vostede consinte en usar este medio electrónico de comunicación e recoñece que todo contrato, notificación, información e demais comunicación que lle envíemos de forma electrónica, cumpre cos requisitos legais de ser por escrito. Esta condición non afectará os seus dereitos recoñecidos por lei.

15. Comentarios, suxestións, queixas e reclamacións.

Os seus comentarios e suxestións serán ben recibidas. Rogámoslle nos envie tales comentarios e suxestións, así coma calquera consulta, queixa ou reclamación, a través das nosas canles de contacto (teléfono, email ou enderezo postal). Ademáis temos follas de reclamación a disposición dos consumidores e usuarios. Pode solicitalas a través das nosas canles de comunicación.

As suas queixas e reclamacións ante o noso servizo de atención o cliente serán atendidas no plazo máis breve posible e, en todo caso, no plazo legalmente establecido. Se vostede como consumidor considera que os seus dereitos foros vulnerados, pode dirixirnos as seas queixas a través da dirección pedidos@luzes.gal co fin de solicitar unha solución extraxudicial de controversias. Neste senso, se a súa compra online a través do noso sitio web, de acordo co regulamente Nº524/2013 da UE, informámolo que vostede ten dereito a solicitar con nós una resolución extraxudicial de controversias en materia de consumo accesible a través da dirección de internet http://ec.europa.eu/consumers/odr/.

16. Datos do vendedor ou responsable. Atención o cliente.

Luzes xornalismo que conta, S.L.
CIF: B-70399795
Santa Luisa de Marillac nº 9 Baixo C
15002 A Coruña (Galicia)
Teléfono sen tarificación adicional. (+34) 981 928 441

Data: 27/11/2018
Versión: v.1.0

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail