A vella compañeira

18,00 

ANXO LUGILDE

Os meus trinta anos de loita contra a depresión

Categorías: , ,

Descrición

Isto non é un libro de memorias. Nin unha autobiografía. É unha crónica, unha reportaxe vital. Anxo Lugilde é un correspondente na súa propia guerra, a que libra desde rapaz contra esa parte de si mesmo que loita contra el, a depresión, a Vella Compañeira. A depresión é coma esas guerras non declaradas, fóra dos titulares, nas que morre máis xente que nas que enchen os telexornais. A depresión ñe unha guerra civil cruenta e soterrada, casa por casa, neurona por neurona, pero na que as vítimas non chaman por ninguén, non expoñen as súas feridas nin as ruínas das súas casa, nin os seus mártires. As vítimas sofren os ataquen no medio do silencio e da vergoña.

– XOSÉ MANUEL PEREIRO

Cal é o xeito en que está escrita esta odisea da alma que é a vella compañeira? Que a fai especial? Anxo Lugilde adéntrase máis alá do que semella a liña do inaccesíbel. Alumea o que non está ben visto. Porque adoita ocultarse, porque incomoda ou porque non se deixa ver.

A outra clave está no como se conta esa odisea. Lugilde fala dun exorcismo. Hai unha fusión sutilísima entre a corrente  da vida, do pensamento e das palabras. Hai unha dose de humor, de ironía e retranca, que fai milagroso este exorcismo. Un humor dramático, un humor morado, no que, por fin, podemos ver os hematomas das doenzas da alma.

– DO PRÓLOGO DE MANUEL RIVAS

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail