Fálame dos silenciados
15,00 €
Pablo L. Orosa
Descrición
«NACÍN NUNHA ALDEA QUE XA NON EXISTE. Leva anos deixando de existir, desaparecendo a cada golpe de memoria. Quizais devezo por volver alí e descubrir entre os novos veciños o que queda dela. Os murmurios. Porque eu aprendín a amar as historias alí, escoitando os contos sobre Foucellas, o maqui que non era tal, ou quizais si. Decidín ser xornalista para ser eu un día o que contase aquelas historias. Escribo reportaxes e crónicas. Ou calquera cousa que meu avó puidese chamar contos».
Neste libro ofrecemos unha boa parte das historias que Pablo recolleu en distintos lugares de Europa, Asia, América e África en apenas catro anos. Historias de xente silenciada á que el lle deu a mellor das voces posibles, a da súa escrita, en moi diversos medios, entre eles Luzes, proxecto do que formaba parte. Á volta dunha destas viaxes, en novembro de 2019, Pablo faleceu na casa familiar de Oza dos Ríos aos 34 anos.