LUZES 124

12,00 

O camiño aberto
A convocatoria electoral do 18F é un carreiro de adoquíns amarelos con gañador (ou gañadora) incerto. Fronte a Alfonso Rueda ábrese unha ventá de oportunidade para conformar un goberno alternativo ao PP.
Conversamos con Ana Pontón, Gómez Besteiro e Marta Lois.

Reportaxes

O pobo que combate o litio
Covas do Barroso, en Portugal, é unha aldea ameazada por unha mina a ceo aberto que mostra as contradicións da transición ecolóxica
Giacomo Sini

As pantallas e as crianzas
A tecnoloxía semella unha ferramenta indispensable na educación, mais os expertos debaten sobre a súa regulación en menores.
Manuel Casal Lodeiro

Adianto
Un inédito de Celso E. Ferreiro
O poeta de Celanova aínda gardaba no fardel unha serie de escritos que aínda non viran a luz. Estouridos poéticos páxinas adentro

República

Entrevista a Viggo Mortensen, poeta e actor.
Entrevista ao dúo Caamaño & Ameixeiras.
A fame na Galicia da posguerra.
Nova mostra dos mundos xeométricos do pintor Caruncho

Categorías: ,

Descrición

Manifesto
Galicia xa cambiou

Cartafol
A orella e o ollo a unha máquina pegados

Toxos e Flores
O urxente é esperar
Manuel Rivas
Pedras e pellets
Xosé Manuel Pereiro
Ilustración Javi Prieto

Aquí un amigo
Page, o último pelo de la dehesa socialista

Aníbal Malvar | Ilustración de Raúl

Reportaxe
Os habitantes da terra ferida
A aldea de Covas de Barroso, en Portugal, opónse á creación dunha inmensa mina de litio a ceo aberto que, con seguridade, danará un prezado ecosistema de riqueza agricultora e gandeira.
Giacomo Sini

Ás ceibas
Móbiles e centros de ensino

Víctor Sampedro

Reportaxe
Que é o que están a facer as pantallas ás nosas crianzas?
As pantallas xa están a modificar as mentes e o comportamento das crianzas, algunhas delas xa medradas e adultas. Os expertos coinciden en educar sobre os seus riscos e a regulación do seu uso nos menores de idade.
Manuel Casal Lodeiro

Entrevista
Ana Pontón
«A xente ve que temos un proxecto de país, que estamos preparadas para gobernar»
A portavoz nacional do BNG é, segundo reflicten as sondaxes, a persoa que podería dirixir un novo Executivo alternativo ao do PP. Do rescate dun partido a piques de afundir a consolidar un liderado na oposición.
Xosé Manuel Pereiro e Ana Luísa Bouza | Fotos de Rocío Cibes

Hic sunt dracones
Aínda así non estaría gañado
Antón Losada | Ilustración de Diego Giráldez

Entrevista
Xosé Ramón Gómez Besteiro
«Pase o que pase o 18, eu quedarei en Galicia»
O novo líder dos socialistas galegos ten a encomenda de erguer os resultados dun PSdG que sufriu o sorpasso do BNG no liderado da oposición. A esa tarefa engádeselle a derematar con 14 anos de goberno dos populares.
Juan Oliver e Antón Losada| Fotos de Amador Lorenzo

Ás ceibas
Axendar o suicidio cando se capitaliza o tempo
Rocío Carolo

Entrevista
Marta Lois
O adversario político é o PP e Rueda»
Sumar, a formación de Yolanda Díaz, preséntase por primeira vez a unhas eleccións galegas. A incógnita, porén, será se os resultados obtidos nas pasadas eleccións xerais volverán repetirse e obter representación.
Marta Otero Mayán

7 Estralos
Que fixo Rueda por nós?

Ana Luísa Bouza

Ás ceibas
Siri, eu son
Neves Rodríguez

Profundidade de campo
Mexillón ao calor
Agostiño Iglesias

A outra xente
Trece maneiras de mirar unha movella

Antonio Sandoval Rey

O pobo elixido
Onde o ceo é (moitas veces) gris
Noel McKay

Querido fantasma
Filosofía no hiperespazo
Lois Pérez

Entrevista
Caamaño & Ameixeiras: «Somos medias laranxas musicais»
O dúo artístico conversa sobre a súa azarosa orixe e como da arte e do traballo conxunto naceu unha amizade con selo musical de seu.
Pablo Vázquez

Reportaxe
«Na nosa casa, a Deus grazas, non podemos dicir que pasamos fame»
Fame e miseria son dúas realidades da posguerra española, mais o tópico da Galicia abondosa en alimentos, propio do franquismo desarrollista dos 60, tapou varios anos de carestía.
Marta Veiga Izaguirre | Fotos de Carlos Valcárcel

Entrevista
Viggo Mortensen: «Aprendín a facer poesía e a actuar ensaiando, tropezando para intentar construír algo novo»
O actor internacional é coñecido, ademais, por ser poeta. A sensibilidade na literatura e no cinema, ademais dun ensaio constante, son as claves do seu estilo creativo.
Martin Pawley e José Manuel Sande | Fotos de Isabel Romero

Reportaxe
Luís Caruncho, o pintor cunha mirada aberta á sorpresa
Caruncho foi o artista da xeometría, dos espazos da vangarda e do retrouso atlántico na súa vocación internacional. Unha exposición en xira por Galicia, organizada por Abanca, é a escusa para volver á súa obra.
Juana Meizoso

Biblioteca Atlántica
A illa dos corais ou oa primeira novela de
aventuras xuvenís.
Xavier Queipo

As libreiras
As lecturas recomendadas de e Inma Alonso, Mon Vilar, Esther Gómez e Maribel Tato.

Creación
Cabronario

Celso Emilio Ferreiro

Retrovisor
Rosario Álvarez Blanco

A franquear en destino
Marta Ceán

Lectoras & Lectores

Retrancos
Castelao XXI
Kiko da Silva

Capa: : Ilustración de Javi Prieto

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail