LUZES 39

3,50 

Os galegos nos EUA dos Kennedy, a vida dos nosos emigrantes que colonizan Londres e a dos indonesios que traballan nos nosos portos. Unha viaxe nostálxica pola Crimea rusa e a fuxida dunha anciá siria de 106 anos. A pesca da quenlla en Cabo Verde e a desatención aos maiores no rural.

Categorías: ,

Descrición

AS MELLORES REPORTAXES DOS NOSOS TRES PRIMEIROS ANOS

Viaxe ao corazón roto do soño americano
Anthony Bouza, Joe Casal, Richard Fariña e Jerry García. Catro nomes propios para o insospeitado protagonismo galego do tempo de JFK, no afán de transformar América desde o movemento antibelicista ou a contracultura do rock.
Santiago Romero
A noite que ven
Unha pantasma ameaza con facerse forte en Francia da man da Fronte Nacional. Marie Le Pen seduce cun discurso perpendicular á cidadanía mais castigada pola crise. O seu relato de liberdade, independencia e orgullo perdido fronte a Bruxelas.
Diego E. Barros
Darío Rivas, o home que venceu a Franco
Despedíuse do seu pai tres veces: cando emigrou, cando o mataron e cando exhumaron o seu corpo. Aos 93 anos, desde Bos Aires, segue a traballar no proceso xudicial que el mesmo lanzou contra os crimes do franquismo.
Débora Campos | Fotos de Romina Franceschin
Little Galicia
Luís foise para Londres en 1969 e aínda no volveu. Eva, Ernesto, Adriana, Víctor, Iván… tamén asentaron na capital británica. Percorrido dun emigrante recén chegado pola numerosa comunidade galega que poboa os arredores de Portobello Road
Xaime Varela Sieiro | Fotos de Alberto Rodríguez Fariña
Chamádeme Azzy
Ten 38 anos e hai once que chegou a Vigo. Era a primeira vez que vía unha ría, era a primeira vez que sentía o frío. Pasou tres anos orfos no mar. Hoxe traballa en Corme, pero vive na Coruña onde frecuenta a mesquita da rúa Barcelona e camiña por Juan Flórez.
Paula Regueira Leal | Foto de Kopa
A vida plural de José Antonio
Os gardas civís que o desaloxaron en marzo, durante as protestas en Sarria pola defensa do río, non sabían que José Antonio Iglesias, agora activista e antes afectado de Sintel, foi tamén secundario de luxo na entrada de Tejero no Congreso.
Manuel Darriba | Foto de Alberto López
O diamante do mar Negro
O último día do mes de febreiro sucedeu un feito insólito: un exército fantasma conquistou Crimea, un territorio case do tamaño de Galicia e fíxoo pasar dun país a outro. Quizais sexa a primeira vez que ocorre así, cunhas tropas anónimas e misteriosas que pretendían non vir de ningunha parte.
Miguel Anxo Murado
A viaxe de Sabria
Lembrará ata o día da súa morte a primeira vez que ollou o mar. As bafaradas do cheiro a gasolina. Os mareos. As roupas cheas de salitre, apegadas á súa pel revellida. A humidade. O mar, voraz e terrible, estivo a piques de lle arrebatar a vida á refuxiada siria máis anciá do mundo.
Andrés Mourenza
Unha tribo á intemperie
Máis do 23% dos empadroados en Galicia atravesoou a fráxil barreira dos 65. Médralle o tellado á pirámide. E o último reconto fala de máis de 94.000 dependentes de diferentes graos. Unha silandeira tribo que, coma o vello coronel, agarda quen lle escriba.
Alexandra Pacheco | Fotos de Alberto Rodriguez Fariña
Crónicas do acenocumarol. Eu antes molaba.
Fumei o último cigarro na porta de Urxencias da Residencia de Lugo un 4 de outubro de 2006. Son cousas que pasan. Un ducados negro, a cabicha no cinceiro e, de súpeto, es outra persoa. Unha enferma crónica.
Marta Veiga Izaguirre | Fotos de Lucía Mundiña
A pesca da quenlla en Cabo Verde
Historias de mariñeiros que beben e choran, putas, quenllas, tartarugas, peixes-voadores con fartura, e soidade. Diario das desventuras no mar ao Norte de ningunha parte dun tipo con contas co Demo e a Morte.
Rui Araujo

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail