LUZES 49

10,00

O día que pensamos que ardía todo Percorrido polo inferno do 15 de 2017 pasado, no que milleiros de persoas loitaron contra o lume que arrasaba con todo. Entrevista a Baltasar Garzón. Reportaxes sobre Patrimonio arquitectónico, suspenso en conservacióe sobre A paisaxe e a nación. E os galegos no nacemento do tango: Unha multitude  de homes sós.

Descrición

Manifesto O lume e a mentira: a causa das cousas
Cartafol Arquitectura espontánea
Nicolás Combarro
Episodios galegos O meu proceso de sedición
Manuel Rivas
Aquí un amigo Goethe e os golpes de peito
Mercedes de Pablos | Ilustración de Leandro Barea
Reportaxe Os últimos de Nadungoro
Máis aló dos ranchos do fértil val do Rift, a seca que greta os pastos nesta zona de Kenya desde hai ano e medio reavivou o conflito entre latifundistas e pastores masáis polo acceso do gando á terra verde.
Pablo L. Orosa-Nadungoro (Kenya)
Ás ceibas Carrexando capachos
Rodrigo Cota
Diario dun repunante E do noso, que?
Xosé Manuel Pereiro | Ilustración de Javi Prieto
Crónica O día que pensamos que ardía todo
Percorrido polo inferno do 15 de outubro pasado, no que milleiros de persoas loitaron cara a cara contra un lume voraz que acurralou numerosos núcleos de poboación ameazando con reducir a negro vidas enteiras en cuestión de minutos.
Cristián López e Graciela Carlos | Fotos de Felipe Carnotto
Debates intrépidos Existe o dereito de autodeterminación?
Xoán López Facal | Ramón Máiz
Ás ceibas Se Rajoy emigrara a Suíza…
Antonio Rodríguez
7 Estralos Deporte feminino e educación
Mercé Barrientos
Entrevista Baltasar Garzón «Non habería que evitar a votación do 1-o. Se non era legal, non tería efectos »
O ex-maxistrado da Audiencia Nacional opina que non hai delito de sedición por parte de Sánchez e Cuixart e asegura que o 155 é disasuorio e que a súa aplicación «non sabemos que pode supoñer porque é un artigo de estrutura aberta».
Emma Nogueiro | Fotos de Miguel Pato
Ás ceibas Libros de serie
Ana Cermeño
Reportaxe  Patrimonio arquitectónico. Suspenso en conservación
A intención do Concello de derrubar a Casa Benedicto, o eficio modernista máis emblemático de Navia de Suarna, plantexa a necesidade dunha estratexia global para protexer a rica herdanza arquitectónica de Galicia.
Carlos Coto | Fotos de Xoán Xegunde (Navia de Suarna) e Apatrigal
Ás ceibas Mariano sabe o que fai
Pedro Rey Araújo
Reportaxe  As palabras do outono catalán
A linguaxe non é neutra senón que alenta as nosas ideas e impulsa as nosas accións, emocións e intereses. Repaso polo vocabulario parcial e tendencioso concibido polas partes no conflito entre o Estado e Cataluña.
César Lorenzo Gil
Profundidade de campo Simien
Manuel Valcárcel
O pobo elixido Contralume
Marco Paone
Querido fantasma Larry David, o vingador íntimo
Anxo F. Couceiro
Entrevista Xesús Andrés López Piñeiro «Os paisaxistas do século xx racharon coa dependencia  estética da pintura española»
O autor de A paisaxe da nación, reivindica o papel da xeración de paisaxistas como Castelao, Bello Piñeiro, Lloréns e outros, agochados na nosa historiografía pola modernidade da xeración dos Maside, Laxeiro ou Seoane.
Nico Vidal | Foto de Pedro Alcalá
Reportaxe Unha multitude  de homes sós
Entre os bailadores, compositores e vocalistas de tango máis famosos houbo tamén galegos. Repaso pola súa historia e a do «pensamento triste que se baila», nado nos suburbios de Montevideo e Bos Aires.
Ramón González Rey
Entrevista Nell Leyshon «O espazo en branco é onde vive  o lector, quero ese lugar para min»  
Conversa coa autora da exitosa novela Del color de la leche, e a primeira muller en escribir unha peza de teatro comisionada para The Globe Theatre, o famoso teatro londiniense de Shakespeare.
Dores Tembrás | Fotos de Amador Lorenzo Blach
As libreiras
As lecturas recomendadas de Cristina Barbeito, Patrícia Porto, Gracia Santórum e Amparo Ramilo.
Creación A liberdade no século XXI
Enrique Sáez Ponte
Retrovisor Xosé Ramón Gayoso
A franquear en destino Elena Ferro
Lectoras & Lectores
Colofón Intervir o debate
Valeria Pereiras

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail