LUZES 65

10,00 

A cultura da Transición. Traslado a Galicia dos restos de Castelao desde Bos Aires, símbolo dunha Transición que se apropiou da cultura. Internacional: Heroes contra un inimigo invisible. Reportaxe: Xenebra escríbese con X. Entrevista: Amelia Tiganus. O teatro de Gustavo Pernas. Galician Bizarre. Leo Coyote. Mariano Barroso.

Categorías: ,

Descrición

Manifesto A transición intransitiva
Cartafol  Unha Gran Burla Negra
Episodios galegos O galego a tirar o espiño do pé
Manuel Rivas
Aquí un amigo A voz de «La manada»
Román Orozco| Ilustración de Leandro Barea
Reportaxe Heroes que loitan contra un inimigo invisible
Cada hora, un habitante do mundo morre ou resulta ferido por culpa das minas terrestres, que seguen matando ata moito máis tarde de que as armas dos conflitos calen.
Texto e fotos Andrés Mourenza (Nagorno Karabakh)
Ás ceibas Lorca
Xurxo Martínez González
Diario dun repunante O pozo
Xosé Manuel Pereiro | Ilustración de Javi Prieto
Análise A hexemonía cultural
O da Cultura da Transición (CT) é xa un concepto moi difundido. Pendente de construción colectiva está aínda o da Cultura da Transición de Galicia que aquí se debulla.
Jorge Linheira | Fotos de Xurxo Lobato
Ás ceibas Entre o desexo e a realidade
Xesús Veiga
Reportaxe Xenebra escríbese con x
Percorrido pola capital do cantón suízo homónimo, na que a primeira presidenta do Parlamento estraxeira foi unha galega de Corme hai agora dez anos.
Texto e fotos Alfonso Portabales (Xenebra)
Debates intrépidos
Como cubrir a información da ultradereita?
Luis Pardo | Fernanda Tabarés
Ás ceibas
O movemento dos chalecos amarelos
Paloma León
7 Estralos
A regulación das RRSS en período electoral
Xabier Meilan
Entrevista
Amelia Tiganus: «Os homes teñen que desertar da súa masculinidade depredadora»
Conversa coa ex-prostituta, agora activista social a favor da ilegalización desta práctica, que considera o espazo no que os homes adestran a súa sexualidade hexemónica e patriarcal.
Sara Torreiro
́Ás ceibas
Non empuñaron nin unha pedra
Manifesto elaborado e subscrito por Roberto Saviano, Erri de Luca, Daniel Pennac e Jean Marie Laclevetine, e difundido en medios europeos.
Profundidade de campo
Dique de abrigo
Amador Lorenzo Blach
Os outros galegos
O anuncio do amencer
Antonio Sandoval Rey
O pobo elixido
Pode escribirse a chuvia?
Teófila Ruiz K
Querido fantasma
Un Tosar tranquilo
Nicolás Pastoriza
Entrevista
Mariano Barroso: «O cine debe estar por encima da loita partidista»
O director da Academia de Cine española e da exitosa adaptación da novela de Martínez de Pisón, El día de mañana, afirma que o cine non pode ser empregado como arma arreboladiza para a loita política.
Yolanda Virseda | Fotos Toni Juliá
Crítica
36 personaxes e un can
Gustavo Pernas, máis forte que o inesperado
Repaso á obra do dramaturgo de Viveiro e creador da compañía Áncora Produccións, recentemente falecido, na que sempre mantivo unha coherencia ética e estética.
Eva Veiga
Reportaxe
Galician bizarre, radiografía dunha oportunidade
Máis alá da repercusión de grupos galegos como Triángulo de Amor Bizarro ou Novedades Carminha, hai anos que Galicia bombea un crisol de propostas que rachan coa típica homoxeneidade no estilo das escenas pop ou rock.
Marcos Blanco Gendre
Entrevista
Leo Coyote: «Se a novela negra ten que basearse na denuncia social, estamos fodidos»
Escritor de literatura policíaca, especialista en cócteles, lector empedernido e fillo da diáspora galega, Leo Coyote é un autor de novela negra que arremete contra todos os lugares comúns.
Manuel Poy | Fotos Marina Ransanz
As libreiras
As lecturas recomendadas de Gracia Santórum, Lorena Bembibre, Yolanda Baca e Begoña Varela.
Creación
Saudade de brumario
Rodrigo Osorio Guerrero
Colectivo lugrisán In nave civitas
Retrovisor
Goretti Sanmartin
A franquear en destino
Plácido Lizancos
Lectoras & Lectores
Colofón
A Transición herdada
Valeria Pereiras

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail