LUZES 66

5,00

Categorías: , , Tag:

Descrición

Manifesto A primavera da cidadanía, o feminismo e os pobos
Reportaxe A Coruña
O proxecto do Porto da Coruña necesita novas bases e novos usos, contar coa participación cidadá e a titularidade dos terreos maila xestión da transformación deben ser públicas.
Iago Martínez I Fotos Amador Lorenzo
Cartafol
Hoteis míticos coruñeses
Reportaxe Ferrol: A cidade pendurada dun guindastre
A comarca de Ferrolterra segue ligando o seu futuro ao de Navantia. A confirmación da construción de cinco fragatas chega coa sensación de que é a última oportunidade.
Nicolás Vidal I Fotos Kiko Delgado
Cartafol
Os lapis de Ferrol
Reportaxe Lugo: A interminable loita contra a ruína
Pese a que a foto mudou, 20 anos despois de que declararan a Muralla Patrimonio da Humanidade, moita da armazón urbana segue a requirir que a rescaten da decadencia.
Marta Veiga Izaguirre I Fotos Xosé Marr
Cartafol
O Gran Teatro lucense
Reportaxe Ourense: Recuperar o/a capital
A cidade das Burgas precisa dun proxecto integral de futuro que consolide poboación, en caída nos últimos anos. O terceiro posto entre as cidades galegas máis habitadas periga.
Afonso V. Monxardín I Fotos Nacho Gómez
Cartafol
Gran Hotel Roma
Reportaxe Pontevedra: Think different
Pontevedra soubo acometer as medidas necesarias en materia de mobilidade para converter a cidade nun espazo máis público. Hoxe o seu é un modelo en todo o mundo.
Antón Prieto I Fotos Andrés Fraga
Cartafol
O desaparecido porto do Colón pontevedrés
Reportaxe Compostela sen luz
Santiago precisa recuperar o compás para desenvolver as súas funcións como capital de Galicia, cidade Patrimonio da Humanidade e Capital Europea da Cultura.
Encarna Otero I Fotos Óscar Corral
Cartafol
Patrimonio compostelán perdido
Reportaxe Vigo: Paralelo 42
Acadar un sistema de transportes integrado, moderno e intermodal, para a conexión da contorna viguesa e desta co resto do mundo é o grande reto pendente da cidade.
María Xosé Porteiro
Cartafol
A Villa de París
Informe Outro modelo de financiamento local para un país diferente
As eleccións son unha ocasión de ouro para que os partidos políticos abran o debate sobre os vimbios que deberían soster o canastro económico municipal, máis no caso de Galicia.
Xosé Antón Jardón
Análise O sistema electoral: nin Robin Hood nin o Sheriff de Nottingham
O cariz conservador do sistema electoral español pode ser
un arma de dobre fío nas Xerais. O voto da dereita, antes concentrado, é previsible que se fragmente en varias opcións.
José Rama
Reportaxe Como se votaba antes?
Como en tantos temas, o franquismo esborrallou a historia electoral española. Os autores sacan á luz ese pasado deformado, no que o sufraxio ten unha longa tradición.
Miguel Cabo Villaverde, Lourenzo Fernández Prieto e Xosé Ramón Veiga Alonso
Análise A ultradereita quebra a Gran Coalición europea Socialdemócratas e populares xa non sumarán maioría, e terán que apoiarse nos liberais. Salvini, Le Pen e compañía son os únicos que mellorarán o número de escanos.
Alexandre Mato

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail