LUZES 71 – Operación Desmemoria

5,00 

OPERACIÓN DESMEMORIA

Entrevistas: Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez. «En España hai hoxe máis deputados fascistas que no 36» por Pablo Varela;  Fernando Martínez, director xeral para a Memoria Histórica: «Meirás pode ser unha vía que outras familias transiten para recuperar as súas propiedades» por Erick Dobaño.

Reportaxes: O diario do horror por Xose Manuel PereiroO galego que puido ser lehendakari por Sergio BalchadaDavid Álvarez, o heroe esquecido por Carmen García Rodeja;  De Ordes a Castela. Os desterros como forma de represión por Manuel Pazos GómezAs «infames» bibliotecarias por Francisco Xavier Redondo Abal e A memoria política do fútbol. Do galeguismo ao PP pasando polo franquismo por Afonso Eiré. E artigos de Luís Pardo Olga Novo.

 

 

Categorías: , , Etiqueta:

Descrición

Manifesto 
Memoria da liberdade, corazón do porvir
Entrevista
Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez. «En España hai hoxe máis deputados fascistas que no 36» Conversa cos autores de Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, no que reconstrúen o relato dos anos da ditadura afondando no golpe de Estado e nos verdugos.
Pablo Varela I Fotos Mar Catarina
Reportaxe
O diario do horror
As anotacións que un republicano anónimo realizou agochado en xullo do 36, atopadas nunha casa do Saviñao, constitúen un relato estarrecedor dos primeiros días da represión no sur da provincia de Lugo.
Xosé Manuel Pereiro I Imaxes do diario cedidas por Miguel Ángel Rodríguez González
Reportaxe
«O médico dos pobres». Historias da resistencia en Tui.
Darío Álvarez Blázquez, médico nos meses posteriores á rebelión militar do 36, protagonizou algún dos episodios máis heroicos daqueles tempos infames en Tui, a última vila en sucumbir ao golpe.
Pablo L. Orosa e Carlota Álvarez Basso
Reportaxe
De Ordes a Castela. Os desterros como forma de represión.
Co fin de culpar e castigar os guerrilleiros co sufrimento das familias e para privalos da súa axuda, o franquismo aplicou numerosos desterros forzosos, especialmente na comarca de Ordes, unha das máis activas na loita contra a ditadura.
Manuel Pazos Gómez
Reportaxe
O galego que puido ser lehendakari
O pontevedrés José Echeverría Novoa, o gobernador civil republicano que conseguiu deter a sublevación en Biscaia e que foi proposto como lehendakari, morreu en Miami en 1984 no máis absoluto descoñecemento.
Sergio Balchada
́Ás ceibas
Franquismo diferido en forma de simulación
Luís Pardo
Reportaxe
David Álvarez, o heroe esquecido.
A súa é a memoria de todo un século, a da represión do réxime franquista contra calquera asomo de oposición, pasando pola emigración e a loita pola democracia. Falecido pouco despois da publicación, na Luzes 38 relataba algún dos episodios máis destacados que marcaron a súa biografía. Carmen García Rodeja
Entrevista
Fernando Martínez, director xeral para a Memoria Histórica: «Meirás pode ser unha vía que outras familias transiten para recuperar as súas propiedades»
Quen ocupou nove meses a nova dirección creada polo goberno de Pedro Sánchez para a Memoria Histórica expón a súa visión do que esta debería abordar e as posibilidades de facelo, coma no caso do Pazo de Meirás.
Erik Dobaño I Fotos Sandra García Rey
Reportaxe
As «infames» bibliotecarias
Traballaron arreo co convencemento de que a expansión
do libro e da lectura propiciarían a conquista da xustiza igualitaria e a fin da discriminación social. Foron un dos colectivos, xunto co do ensino, máis perseguidos na ditadura.
Francisco Xavier Redondo Abal
Reportaxe
A memoria política do fútbol. Do galeguismo ao PP pasando polo franquismo.
Desde sempre o fútbol foi usado para cumprir obxectivos ideolóxicos. As directivas dos clubs son unha verdadeira fonte histórica para ollar os grupos emerxentes e os sectores en auxe e decadencia en cada vila e etapa histórica.
Afonso Eiré
Ás ceibas
A fosa fascista de Castroncelos
Olga Novo

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail