LUZES 125

12,00 

Eppur si muove!
O resultado do 18F deixa unha Galicia moi semellante na correlación entre esquerda e dereita, mais cunha grande distancia no reparto de escanos na oposición, que lidera o nacionalismo. O PP, agora con Alfonso Rueda, revalida a súa vitoria despois de 16 anos de gobernos conservadores.

Reportaxes

Chile e o espellismo do cambio
O país non é capaz de deixar atrás a constitución de Augusto Pinochet. Malia o debate público, Chile afronta o fracaso do proceso constitucional.
Patricia Nieto

Máis alí dos gránulos
A crise dos pellets é un fito máis da contaminación plástica nos océanos. No corazón da UE hai xa voces que demandan un cambio.
Alexandre Mato

Entrevista
Nilufar Saberi
A activista iraniana demanda unha maior atención do feminismo internacional sobre a violación dos dereitos das mulleres en Irán.
Claudia Morán

República

Entrevista ao cineasta Lois Patiño.
Entrevista ao grupo teatral A Panadería.
O relato de Galicia no tempo das cidades
Galegos e galegas no mundo dixital: os influencers autóctonos.

Categorías: ,

Descrición

Manifesto
Moveuse o silencio

Cartafol
Mar adentro, lixo

Análise
Pasou o que pasou
Antón Losada

Aquí un amigo
Segismundo, un romano en Sargadelos
Lois Pérez | Ilustración de Raúl

Reportaxe
Chile e o espellismo do cambio
Chile non conseguiu aprobar unha nova carta magna para deixar atrás aquela impulsada polo ditador Augusto Pinochet. Entramos na política e na psicoloxía dun país cuxos desexos de cambio remataron esfarelados.
Patricia Nieto

Ás ceibas
Ata que marchen

Susana Quintana

Reportaxe
Máis aló dos gránulos. O mar, punto de non retorno
A chegada dos pellets ás costas galegas é un eslabón máis da contaminación dos océanos a nivel mundial. A UE pon agora o foco en reducir uns microplásticos nocivos para a nosa saúde e a do resto de seres vivos.
Alexandre Mato

Ás ceibas
Alentar ventos de cambio
Martiño Noriega

Entrevista
Nilufar Saberi
«En Irán o veo non é só un anaco de tea, é a bandeira islamista nas nosas cabezas»
A activista iraniana reivindica un Irán alonxado do pesadelo do islamismo radical dos ayatolás, cun desexo de mulleres libres e un feminismo internacional que empatice máis coa
súa causa.
Cláudia Morán

Entrevista
Elisa Coll
«As persoas bisexuais somos a disidencia»
A escritora e activista é un dos rostros máis visibles do colectivo bisexual. Denuncia, precisamente, a súa ocultación baixo o paraugas heterosexual e confesa a ledicia que lle supuxo atopar espazos de comunidade.
Sofía Caamaño e Rosalía Macías

Ás ceibas
Sobre o amor e o xornalismo corrupto
Pablo Santiago

7 Estralos
Taiwán: outra China é posible?

Xulio Ríos

Ás ceibas
O castro Lupario: un tesouro cultural en grave perigo

Pedro de Llano

Profundidade de campo
Follateiras e follateiros
Pedro Puig

A outra xente
Nos xardíns

Antonio Sandoval Rey

O pobo elixido
Silencio, exilio e gaivotas

Keith Payne

Querido fantasma
A verdade faravos libres, pero vaivos enfadar primeiro
Mariña Losada

Entrevista
Lois Patiño: «A película non transcorre na pantalla,senón na cabeza do espectador»
O director de cine vén de estrear Samsara, unha peza na que traballa co silencio e, ademais, aproveita para sincerarse sobre as súas fontes creativas.
Juana M. Vera Meizoso

Reportaxe
Galegos no dixital, influencers autóctonos
Galicia é unha creadora de contido dixital en activo, con novos persoeiros que falan a favor da lingua, da identidade propia e colocan o páis nas redes.
Marta Otero

Análise
No tempo das cidades
O relato da Galicia actual comeza a mirar as urbes como lugar de interese, vizoso, vivo e indispensable. Unha exposición sobre a súa historia colócanos fronte a outrora arcadia ruralista mentres emerxe outra maneira de vérmonos.
Alejandro Bonmatí

Entrevista
A Panadaría:
«Cando comezamos Elisa e Marcela a sociedade estaba nun punto e fomos atrás»
O grupo teatral pecha a súa obra estrela tras varios anos de xira por Galicia e España; levan no fardel unha crítica á falta de apoio á cultura e a regresión en liberdades.
Antía Yáñez

Biblioteca Atlántica
Morte accidental dun anarquista ou o Estado como represor organizado.
Xavier Queipo

As libreiras
As lecturas recomendadas de Violeta Seoane, Mercedes Corbillón, Iria Pedreira e Liliana Lareu.

Creación
A boca da sombra

Emma Pedreira

Retrovisor
De Vacas

A franquear en destino
Uxía Castro

Lectoras & Lectores

Retrancos
Castelao XXI
Kiko da Silva

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail